viernes, 31 de julio de 2015

Gañadores do segundo premio no concurso "Recíclate con Sogama"!!

Rematamos este mes de xullo contentos. Pero moi moi contentos. Xa é oficial, o equipo de Reciclamos Separando recibe o segundo premio na terceira edición do concurso "Recíclate con Sogama".
Parabéns para todos, aos rapaces e aos profesores do equipo, e ao resto do persoal que co seu graniño de area axudaron a levar a cabo este proxecto. Grazas polo voso traballo!!


Premede nos seguintes enlaces para saber máis:







E para que continuedes coa vosa importante labor, aquí vos quedan 13 consellos para coidar o medio ambiente este verán:




http://www.europapress.es/epsocial/ong-y-asociaciones/noticia-13-consejos-cuidar-medio-ambiente-verano-20150722142400.html




Que disfrutedes das vacacións! E lembrade, eRRRe que eRRRe cos 3 R!!

domingo, 31 de mayo de 2015

Reciclamos Separando na praia "Area Branca"

O pasado 12 de maio os membros de Reciclamos Separando fomos limpar a praia de "Area Branca" en Xaviña. Os alumnos/as distribuíronse en grupos de catro, cada membro de cada grupo levaba unha bolsa para os distintos materiais que atopamos (metais, madeira, orgánico...). Ao rematarmos, as profesoras revisaron as bolsas para comprobar que todo estivera ben separado e, tras tomar os rapaces medidas de masa empregando dinamómetros, botáronnas aos contedores correspondentes, situados á saída da praia.

sábado, 16 de mayo de 2015

Xa temos gañadores do concurso de reutilización!

Tralas votacións realizadas durante o recreo do 15 de maio no instituto, publicamos o nome dos gañadores do concurso de reutilización convocado a semana pasada polo proxecto "Reciclamos separando":

  • Premios concedidos polo público:

- Diadema elaborado con chapas de latas de refresco, de Ana Suárez.
- Cesto confeccionado con papel de revistas, de Ismael Suárez.

  • Premios concedidos polo xurado:

- Enrolador de fío construído a partir dun motor dunha lavadora, de Andrés Ramos e David Vergari.
- Axenda portátil feita con disquetes, de Diego Ameal.


Ao longo desta semana anunciaremos o día en que terá lugar a entrega de premios. Parabéns aos cinco, rapaces!!

17 de maio, día internacional da reciclaxe

En moitos países do mundo celébrase o 17 de maio o día internacional da reciclaxe. Oportunidade para lembrar a estratexia de REDUCIR, REUTILIZAR E RECICLAR coa fin de promover nos habitantes do planeta unha maior responsabilidade, non só do ciudadano consumidor senón tamén do que extrae a materia prima e do que a transforma nun ben de consumo. Este día é un bo momento para que a familia empece a tomarse en serio un dos hábitos máis importantes para o futuro da humanidade. A nosa misión? Crear un mundo medioambentalmente posible.



viernes, 15 de mayo de 2015

Sabías que...?

... a enerxía que se aforra reciclando unha soa lata de aluminio pode facer funcionar un televisor durante tres horas, e que coa reciclaxe de 1 kg de latas de aceiro se aforra a enerxía suficiente para manter acesa unha lámpada de 60W durante dous días?

viernes, 8 de mayo de 2015

Sabías que...?

... ao reciclar o aluminio se aforra o 95% da enerxía que é necesaria para producir a mesma cantidade a partir do mineral de bauxita?